Friday 29 de March de 2024

A Xunta inviste máis de 43.000 euros no CEIP O Coto de Negreira na reforma dos vestiarios e dos aseos


O delegado territorial da Xunta de Galicia visitou as obras que abarcan a construción dun aseo adaptado para uso de persoas con mobilidade reducida
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as obras que se están realizando no CEIP O Coto de Negreira nas que a Xunta de Galicia está investindo máis de 43.000 euros. No centro estase realizando unha actuación de reforma e acondicionamento dos aseos e vestiarios. As obras consisten na reforma dos aseos da planta alta para conseguir un núcleo de uso xeral e outro independente do anterior para uso dos cativos de infantil con tamaños de sanitarios axeitados para esas idades.

Ademais, nos vestiarios do ximnasio realizarase unha reforma interior para optimizar o espazo existente e así acadar dous aseos masculino – feminino.

Entre as actuacións que se están executando destacan a construción dun aseo adaptado que solucionarán os problemas de accesibilidade a dúas alumnas con problemas de mobilidade reducida . Asi mesmo, se está habilitando unha zona de vestiario e un cuarto dedicado a limpeza e un espazo para uso como aula.

O Delegado Territorial destacou que, “dende o Goberno Autonómico seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos coruñeses con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.